No marco do programa “Tornar as táboas” da Deputación de Pontevedra o Concello de Covelo organiza esta actividade da man de Culturactiva, unha obra para todas as familias que sube ao escenario baixo o título A Illa da Deslembranza.
Esta actividade súmase á oferta cultural e de lecer estable que o Concello de Covelo oferta, totalmente de balde, ao longo de todo o ano.
Sinopse: Onde rematan os recordos que non están ben amarrados?
Quen se encarga de levar da nosa mente todas esas historias vividas e que non nos lembramos delas?
Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar?
Como Uxía, unha nena de dez anos, pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?
Son unha empresa cultural constituída no 2020 adicada a creación, produción e distribución de espectáculos teatrais. Ártika Cía é a compañía residente e xestora da Sala de Teatro Ártika en Vigo onde a través do teatro dan saída as inquedanzas artísticas do equipo humano que a compón.
Dende o seu nacemento como compañía de teatro en Vigo leva a cabo propostas escénicas comprometidas socialmente coa educación en valores e a cultura en galego.
Por medio das súas creacións queren reivindicar o teatro como fonte de entretemento, producindo espectáculos enfocados a diferentes franxas de idade e que se caracterizan por unha posta en escena espectacular e emocional ao mesmo tempo.
Son un grupo de pequenas empresas cooperativas, pero sobre todo son unha única equipa de 15 traballadoras que funciona en rede de forma colaborativa, complementando na xestión cultural, a venda, a producción, a comunicación e administración de proxectos culturais tanto dentro como fóra de Galicia, acompañando a máis de 100 artistas de diferentes xeografías, estilos e linguaxes.
Traballan dende hai máis de 20 anos na xestión cultural, o teatro , a música, o circo, a produción escénica e musical, a distribución, a xestión integral de programacións e a organización de festivais e proxectos culturais. Así achegan solucións reais ás necesidades das programadoras de entidades e institucións galegas e estatais.