Present News



Prado da Canda volveu lucir coas súas tradicionais danzas brancas
- 02/10/2023 -

A parroquia de Prado da Canda agasallou á veciñanza música, bailes tradicionais e distintos actos litúrxicos e lúdicos
A parroquia de Prado da Canda, en Covelo, celebrou as súas festas na honra da Virxe María do Rosario agasallando á veciñanza música, bailes tradicionais e distintos actos litúrxicos e lúdicos.
 
As tradicionais danzas brancas volveron atraer a ducias de visitantes que non quixeron perder a ocasión única de coñecer o folclore popular que, cada ano, recupera a veciñanza de Prado da Canda. 
 
A organización das festas agradeceu a colaboración do Concello de Covelo e da Deputación de Pontevedra e informou que o sábado 7 de outubro ás 12:30 horas haberá misa solemne e o sábado 28 de outubro a peregrinación do Rosario irá dende A Lamosa ata a Franqueira. 

FOTOGRAFÍA, MAYTE BOUZA
 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade