Actualidade e Noticias



A veciñanza de Fofe convida a celebrar as súas festas patronais na honra de San Miguel
- 29/09/2023 -

Servizo de bar, pulpería, música e xantar popular ao longo destes tres días de festa
Hoxe venres, sábado día 30 e o domingo día 1 de outubro a parroquia de Fofe, en Covelo, celebra as súas festas na honra de San Miguel. As veciñas e os veciños de Fofe convidan a toda a cidadanía a participar e gozar destes dous días de música e xantar popular.


O venres ás 12:30 será a misa solemne con procesión na honra de San Miguel e o sábado a esta mesma hora haberá un acto de lembranza aos defuntos da parroquia. A partir das 19 horas do sábado haberá verbena amenizada polo grupo Talismán e polas Retranqueiras de Barcia de Mera. O domingo ás 12:30 terá lugar a misa solemne e procesión a continuación para lembrar a San Miguel e á Señora da Guía. O grupo musical Amigos a colores amenizará a sesión vermú.


As veciñas e os veciños de Fofe, organizadores das festas, lembran que os tres días haberá servizo de bar e de pulpeiro. Ademais, convidan a participar no seu xantar popular onde se poderá adquirir, previo encargo no número de teléfono 660 682 583, menú completo de churrasco a un prezo de 17€.


As persoas organizadoras queren agradecer a colaboración do Concello de Covelo, dos locais de hostalaría colaboradores e da veciñanza tanto da aldea como de fóra que, coas súas aportacións, fixeron posible estes tres días festivos.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade