O venres ás 12:30 será a misa solemne con procesión na honra de San Miguel e o sábado a esta mesma hora haberá un acto de lembranza aos defuntos da parroquia. A partir das 19 horas do sábado haberá verbena amenizada polo grupo Talismán e polas Retranqueiras de Barcia de Mera. O domingo ás 12:30 terá lugar a misa solemne e procesión a continuación para lembrar a San Miguel e á Señora da Guía. O grupo musical Amigos a colores amenizará a sesión vermú.
As veciñas e os veciños de Fofe, organizadores das festas, lembran que os tres días haberá servizo de bar e de pulpeiro. Ademais, convidan a participar no seu xantar popular onde se poderá adquirir, previo encargo no número de teléfono 660 682 583, menú completo de churrasco a un prezo de 17€.
As persoas organizadoras queren agradecer a colaboración do Concello de Covelo, dos locais de hostalaría colaboradores e da veciñanza tanto da aldea como de fóra que, coas súas aportacións, fixeron posible estes tres días festivos.