Na noite do venres día 29 de setembro actuará o trío Nostalgia e o sábado día 30 a programación festiva comeza ás 18:30 co rosario e a novena e ás 19 horas a misa solemne acompañada de procesión na que as protagonistas serán as tradicionais danzas na honra da virxe do Rosario. Os Folieiros de Lavadores acompañarán a procesión e pola noite chegarán as os grupos musicais La Conexión e Son da Taberna para por a nota máis festiva da fin de semana. O domingo día un de outubro ás 12:15 horas haberá misa solemne e procesión novamente acompañada polas danzas da Virxe do Rosario e polo grupo Os Folieiros de Lavadores.
A organización das festas agradece a colaboración do Concello de Covelo e da Deputación de Pontevedra e informa que o sábado 7 de outubro ás 12:30 horas haberá misa solemne e o sábado 28 de outubro a peregrinación do Rosario irá dende A Lamosa ata a Franqueira.