Actualidade e Noticias



Covelo abre o prazo para solicitar as axudas para libros e material do alumnado de infantil
- 20/09/2023 -

As persoas interesadas deberán pedir cita previa nos servizos sociais municipais
e presentar a súa solicitude antes do 9 de outubro
O Concello de Covelo informa que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar de educación infantil.


Co obxectivo de axudar ás familias a sufragar os gastos derivados do comezo do curso escolar as familias empadroadas poderán recibir un máximo de 100 euros por alumna/o agás as familias numerosas ou con fillos/as cunha minusvalía igual ou superior ao 33% que poderán chegar aos 125€.


Axudar á conciliación familiar e laboral con servizos como os campamentos de verán ou a aula matinal en colaboración coa asociación de nais e pais, a oferta de actividades deportivas e de tempo de lecer no propio concello ou a axuda económica para contribuír nos gastos de material e libros son fundamentais para acompañar o día a día das nosas familias”, Explica o alcalde, Pablo Castillo.


As persoas interesadas deberán solicitar cita previa nos servizos sociais municipais para a presentación da documentación. O teléfono é o 986 65 00 27, extensión 3. O prazo rematará o vindeiro 9 de outubro.


As bases poderán ser consultadas na páxina web do Concello ou clikando nesta ligazón



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade