Actualidade e Noticias



Exitosa xornada deportiva co Trofeo Cruceiro de Covelo
- 17/09/2023 -

A patinadora comarcal Valeria Fontán Costa fíxose co primeiro posto no programa corto individual, categoría alevín
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, en representación de todo o grupo de goberno quere felicitar ao Club Covelo Patinaxe Artística polo traballo realizado esta fin de semana coa organización do VII Trofeo Concello de Covelo. Grazas ao seu esforzo centos de familias gozaron dunha xornada deportiva e confraternización.

 

Dende o Concello queremos achegar o noso máis sincero agradecemento polo traballo da organización, das xuízas, adestradoras e deportistas así como agradecer a todas as familias que se achegaron a Covelo este sábado”, comenta o alcalde que engade que “estes encontros fomentan o deporte pero tamén valores de traballo en equipo, de compañeirismo e hábitos de vida saudables”.

 

Máis de 150 patinadoras e patinadores das categorías benxamín, alevín e infantil competiron en Covelo. Deportistas autonómicos e nacionais chegados de clubs de toda Galicia mediron as súas forzas nos niveis 1, 2, 3, 4 e 5.

 

A deportista comarcal Valeria Fontán Costa, do C.P.A Tea, fíxose co primeiro posto na categoría alevín nivel 1; a mosense Jade Yenay Estévez do C.P.A Rosaleira co primeiro posto no nivel 2 alevín; Xingy Lu do Castrelos P.A, Vigo no nivel 3; Mara Otero Antúnez do C.P.A Ágora, Boqueixón no nivel 4 e Violeta Nogueira Botana do AEHDE, O Carballiño, no nivel 5.

 

Na categoría alevín da competición rexional o primeiro posto foi para Lía Alcalde Patiño do C.D.P Boiro mentres que na categoría benxamín rexional liderou Aroha Traba Castiñeira do C.P.A Omega, Ames. Na rexional infantil Aroa Conde Moure do C.P Sarela, Bertamiráns, fíxose co máis alto do podio.

 

As locais Noa Martínez Domínguez fíxoxe co oitavo posto no rexional alevín; Nuria Lugo Pregal e Nayara López Rey co noveno posto e vixésimo cuarto respectivamente no nivel 1 de alevín; no nivel 2 de alevín Sabela Méndez Gallego fíxose co décimo noveno posto e Paula González Morena no vixésimo primeiro; no nivel tres alevín Daniela Pérez Chao acadou o décimo oitavo, Manuela Vázquez Otero o décimo quinto, Leyre Chapela Sánchez o décimo terceiro e Aldara Lugo Pregal o décimo segundo; no nivel catro María Rodríguez López fíxose co cuarto posto e Lucía Piay García fíxose co sexto posto no nivel 5 da categoría alevín.

 

 

O alcalde, a concelleira de Deportes, María Valiñas, e a directiva do Club entregaron os trofeos, tendo ademais un agasallo para todas as e os deportistas participantes. 

 

PROGRAMA CORTO INDIVIDUAL

CATEGORÍA ALEVÍN

NIVEL 1

1º Valeria Fontán Costa, C.P.A Tea, Covelo

2º Sofía Espín Larou do C.P.A Omega, Ames

3º Nadia López Aira do ANCA, Sarria

 

NIVEL 2

1º Jade Yenay Estévez mosense do C.P.A Rosaleira

2º Sandra González Fernández do AEHDE do Carballiño

3º Antía Fernández Vallejo do AEHDE do Carballiño

 

NIVEL 3

1º Xingy Lu do Castrelos P.A, Vigo

2º Ariadna Carro Blanco do C.P.A Coruxo, Vigo

3º Valentina Vázquez Gómez do C.P.A Ágora, Boqueixón

 

NIVEL 4

1º Mara Otero Antúnez do C.P.A Ágora, Boqueixón

2º Iraila Iglesias Pardo do C.P.A Ágora, Boqueixón

3º Enma Bruzos González do C.P.A Ágora, Boqueixón

NIVEL 5

1º Violeta Nogueira Botana do AEHDE, O Carballiño

2º Jimena Pereira Rodríguez do AEHDE, O Carballiño

3º Mariana Pedrouzo Torres do AEHDE, O Carballiño

 

PROGRAMA CORTO

CATEGORÍA ALEVÍN, REXIONAL

1º Lía Alcalde Patiño do C.D.P Boiro

2º Clara Becerra Vaamonde do C.P Sarela, Bertamiráns

3º Julia Vidal González do C.P Sarela, Bertamiráns

 

PROGRAMA CORTO INDIVIDUAL

CATEGORÍA REXIONAL BENXAMÍN

1º Aroha Traba Castiñeira do C.P.A Omega, Ames

2º Claudia Veiga Santiago do C.P.A Omega, Ames

3º Noa Caamaño Batalla do C.D.P Boiro

 

PROGRAMA CORTO INDIVIDUAL

CATEGORÍA REXIONAL INFANTIL

1º Aroa Conde Moure do C.P Sarela, Bertamiráns

2º Vera Fernández Martíns do C.D.P Boiro

3º Julia Tella Pajares do C.D.P Boiro



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade