“Dende o Concello queremos achegar o noso máis sincero agradecemento polo traballo da organización, das xuízas, adestradoras e deportistas así como agradecer a todas as familias que se achegaron a Covelo este sábado”, comenta o alcalde que engade que “estes encontros fomentan o deporte pero tamén valores de traballo en equipo, de compañeirismo e hábitos de vida saudables”.
Máis de 150 patinadoras e patinadores das categorías benxamín, alevín e infantil competiron en Covelo. Deportistas autonómicos e nacionais chegados de clubs de toda Galicia mediron as súas forzas nos niveis 1, 2, 3, 4 e 5.
A deportista comarcal Valeria Fontán Costa, do C.P.A Tea, fíxose co primeiro posto na categoría alevín nivel 1; a mosense Jade Yenay Estévez do C.P.A Rosaleira co primeiro posto no nivel 2 alevín; Xingy Lu do Castrelos P.A, Vigo no nivel 3; Mara Otero Antúnez do C.P.A Ágora, Boqueixón no nivel 4 e Violeta Nogueira Botana do AEHDE, O Carballiño, no nivel 5.
Na categoría alevín da competición rexional o primeiro posto foi para Lía Alcalde Patiño do C.D.P Boiro mentres que na categoría benxamín rexional liderou Aroha Traba Castiñeira do C.P.A Omega, Ames. Na rexional infantil Aroa Conde Moure do C.P Sarela, Bertamiráns, fíxose co máis alto do podio.
As locais Noa Martínez Domínguez fíxoxe co oitavo posto no rexional alevín; Nuria Lugo Pregal e Nayara López Rey co noveno posto e vixésimo cuarto respectivamente no nivel 1 de alevín; no nivel 2 de alevín Sabela Méndez Gallego fíxose co décimo noveno posto e Paula González Morena no vixésimo primeiro; no nivel tres alevín Daniela Pérez Chao acadou o décimo oitavo, Manuela Vázquez Otero o décimo quinto, Leyre Chapela Sánchez o décimo terceiro e Aldara Lugo Pregal o décimo segundo; no nivel catro María Rodríguez López fíxose co cuarto posto e Lucía Piay García fíxose co sexto posto no nivel 5 da categoría alevín.
O alcalde, a concelleira de Deportes, María Valiñas, e a directiva do Club entregaron os trofeos, tendo ademais un agasallo para todas as e os deportistas participantes.
PROGRAMA CORTO INDIVIDUAL
CATEGORÍA ALEVÍN
NIVEL 1
1º Valeria Fontán Costa, C.P.A Tea, Covelo
2º Sofía Espín Larou do C.P.A Omega, Ames
3º Nadia López Aira do ANCA, Sarria
NIVEL 2
1º Jade Yenay Estévez mosense do C.P.A Rosaleira
2º Sandra González Fernández do AEHDE do Carballiño
3º Antía Fernández Vallejo do AEHDE do Carballiño
NIVEL 3
1º Xingy Lu do Castrelos P.A, Vigo
2º Ariadna Carro Blanco do C.P.A Coruxo, Vigo
3º Valentina Vázquez Gómez do C.P.A Ágora, Boqueixón
NIVEL 4
1º Mara Otero Antúnez do C.P.A Ágora, Boqueixón
2º Iraila Iglesias Pardo do C.P.A Ágora, Boqueixón
3º Enma Bruzos González do C.P.A Ágora, Boqueixón
NIVEL 5
1º Violeta Nogueira Botana do AEHDE, O Carballiño
2º Jimena Pereira Rodríguez do AEHDE, O Carballiño
3º Mariana Pedrouzo Torres do AEHDE, O Carballiño
PROGRAMA CORTO
CATEGORÍA ALEVÍN, REXIONAL
1º Lía Alcalde Patiño do C.D.P Boiro
2º Clara Becerra Vaamonde do C.P Sarela, Bertamiráns
3º Julia Vidal González do C.P Sarela, Bertamiráns
PROGRAMA CORTO INDIVIDUAL
CATEGORÍA REXIONAL BENXAMÍN
1º Aroha Traba Castiñeira do C.P.A Omega, Ames
2º Claudia Veiga Santiago do C.P.A Omega, Ames
3º Noa Caamaño Batalla do C.D.P Boiro
PROGRAMA CORTO INDIVIDUAL
CATEGORÍA REXIONAL INFANTIL
1º Aroa Conde Moure do C.P Sarela, Bertamiráns
2º Vera Fernández Martíns do C.D.P Boiro
3º Julia Tella Pajares do C.D.P Boiro