Actualidade e Noticias



Este sábado Leni e Roberto Comesaña actuarán na Mostra de Produtos de Covelo
- 14/09/2023 -

A praza Mestre Cerviño acolle a feira que por mor da choiva non se puido celebrar o pasado sábado e na que non faltará a música e o obradoiro de cociña en directo
O Concello de Covelo celebra este sábado a súa Mostra de Produtos ao non poderse celebrar o primeiro sábado de mes por mor da choiva. Na praza Mestre Cerviño do centro urbano e de 10 a 14 horas teremos unha cita cos postos de cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar, xoias con cortiza e aceiro, tattoos de henna ou prantas, entre moitos produtos de proximidade, artesanía e segunda man.

 

As actuacións e os obradoiros volverán á praza aínda que poderán ser trasladadas ao auditorio e salas anexas no caso de mala climatoloxía e así poder gozar de todas as actividades programadas. A partir das 11:30 horas haberá cociña en directo na que aprenderemos a realizar dúas receitas. A continuación, todas as persoas presentes poderán degustar estas saborosas viandas para logo gozar da sesión vermú que virá acompañada de música, tamén en directo, a partir das 12:30 horas con Leni e Roberto Comesaña.

 

A Mostra de Produtos de Covelo conecta aos produtores coa veciñanza que ademais de facer as súas compras, gozan da gastronomía local nun espazo de socialización con ambiente distendido e festivo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade