As actuacións e os obradoiros volverán á praza aínda que poderán ser trasladadas ao auditorio e salas anexas no caso de mala climatoloxía e así poder gozar de todas as actividades programadas. A partir das 11:30 horas haberá cociña en directo na que aprenderemos a realizar dúas receitas. A continuación, todas as persoas presentes poderán degustar estas saborosas viandas para logo gozar da sesión vermú que virá acompañada de música, tamén en directo, a partir das 12:30 horas con Leni e Roberto Comesaña.
A Mostra de Produtos de Covelo conecta aos produtores coa veciñanza que ademais de facer as súas compras, gozan da gastronomía local nun espazo de socialización con ambiente distendido e festivo.