Actualidade e Noticias



Covelo apraza a súa Mostra de Produtos de Covelo para o sábado día 16 de setembro
- 01/09/2023 -

O Concello de Covelo informa que, por mor da previsión de chuvia e néboa, cambia de día a súa Mostra de Produtos de Covelo prevista para mañá primeiro sábado do mes de setembro
O Concello de Covelo informa que mañá sábado día 2 de setembro non se poderá celebrar a Mostra de Produtos de Covelo. Ante a previsión metereolóxica de néboa e chuvia o Concello decidíu adiar esta cita que se celebra de forma estable cada primeiro sábado de mes.
 
Deste xeito, a Mostra de Produtos de Covelo trasládase ao sábado día 16 de 10 a 14 horas. O Concello agradece a comprensión de todas as persoas interesadas e convídaos a participar neste encontro que conecta a produtores locais coa cidadanía ofrecendo produtos de proximidade e artesás. 
 
Cada primeiro sábado de mes o Concello de Covelo acolle a súa Mostra de Produtos de Covelo na praza Mestre Cerviño ofrecendo postos de cosmética natural, xoiaría, maquetería, téxtil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar, xoias con cortiza e aceiro, tattoos de henna ou prantas, entre moitos produtos de proximidade, artesanía e segunda man.
 
Ademais, a xornada matinal complétase con posto de polbo, actuacións musicais e  obradoiros como o de cociña en directo na que aprender a realizar dúas receitas. 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade