A fin de semana do 2 e 3 de setembro haberá xantar popular, a tradicional procesión das candeas, verbena e pasarrúas coa banda de música xuvenil da escola de música Unión de Guláns
A parroquia de Piñeiro, en Covelo, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe da Guía. A festa comeza o sábado día 2 ás 20:30 coa espectacular
procesión das Candeas dende a capela ata a igrexa, as persoas que desexen participar poderán adquirir as súas candeas na propia capela. Xa pola noite haberá
actuacións musicais a cargo da orquestra Costa Blanca e Trio 3.com. O domingo día 3 a
banda de música xuvenil da escola de música Unión de Guláns será a encargada do
pasarrúas. Os oficios relixiosos comezan coa misa das 10 horas seguida da procesión ata a capela. Ás 13 horas será a misa solemne na carballeira da festa.
A comisión de festas da Virxe da Guía de Piñeiro convida a todas as familias a gozar do tradicional xantar popular do domingo e informa que haberá servizo de bar, “pulpeiro”, churrasco, postos de pan e rosquillas.