Actualidade e Noticias



O presidente da Xunta visitou o campamento Coñece Galicia que se desenvolve en Covelo
- 29/08/2023 -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do alcalde, Pablo Castillo; da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asistiron a unha demostración na praia fluvial de Maceira
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o minicampamento do programa Coñece Galicia que se celebra no Concello de Covelo. Acompañado do alcalde, Pablo Castillo; da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; entre outras autoridades políticas, o presidente da Xunta asistíu a unha demostración na praia fluvial de Maceira dalgunhas das actividades realizadas no campamento.

 

Rueda destacou hoxe en Covelo o novo récord de prazas e de participación que acadou a campaña de campamentos de verán da Xunta este 2023, superando as 11.200 prazas e rozando o 100% de ocupación. “Galicia é, con moita diferenza, a comunidade autónoma que ofrece máis prazas en campamentos durante os meses do verán”.

 

Durante a visita, Rueda subliñou o compromiso da Xunta con este tipo de iniciativas que “son unha oportunidade” para facilitar a conciliación familiar. O presidente lembrou que o Goberno autonómico destina “máis de 4 millóns de euros” a campamentos este ano, co obxectivo de que nenos e nenas de entre 10 e 14 anos desfruten de estadías de cinco días en doce establecementos hostaleiros da comunidade. Trátase de iniciativas nas que os máis pequenos poden adquirir competencias e valores como o compañeirismo ou a sensibilización co medio ambiente.

 

Pola súa banda, o alcalde de Covelo, salientou as bondades da comarca da Paradanta onde poden aprender inmersos no medio natural e destacou que esta experiencia permite descubrir a familias de toda Galicia a beleza natural do concello. Por último, Castillo insistíu na importancia de apoiar a conciliación familiar e laboral e convidou a todas as nenas e nenos participantes a volver a Covelo coas súas familias para seguir descubrindo recunchos fermosos.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade