Actualidade e Noticias



O delegado territorial visita a mellora subvencionada pola Xunta no Serradoiro dos Carranos
- 22/08/2023 -

Os traballos foron posibles grazas á liña de axudas ATG TU503D - Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes, da Xunta de Galicia
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e a concelleira de Formación e Turismo, Lourdes Enes, acompañaron hoxe ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, na súa visita ao Serradoiro dos Carranos para supervisar as obras de acondicionamento exterior que veñen de rematar. Os traballos foron posibles grazas á liña de axudas ATG TU503D - Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, unhas axudas coas que a Xunta busca fomentar e acondicionar atractivos turísticos por todo o territorio galego para que veciñanza e visitantes poidan gozar deles.

Xuntos puideron observar o traballo realizado e entrar neste serradoiro centenario. Situado na parroquia de Maceira, o serradoiro foi construído no ano 1922 sobre os peares dun vello muíño e durante décadas aproveitou a forza do río Vixiáns para traballar a madeira.

Reguera asegurou sentirse impresionado coa beleza do espazo natural onde se atopa esta construción e co resultado obtido tras a rehabilitación e declarou que “con estas obras a Xunta pon en valor os lugares e espazos que, pese a non ter moita repercusión mediática, gozan dunha historia e dunha beleza dignas de conservar e promover” e continuou, “o turismo é un ben moi prezado para Galicia e debemos facer un esforzo para que todos os concellos logren dar visibilidade aos seus atractivos”.

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade