Actualidade e Noticias



Cinema na rúa este domingo en Barcia de Mera, Covelo
- 18/08/2023 -

Spirit o corcel indomable proxectarase ás 22 horas nas pistas deportivas de Barcia de Mera
Este domingo día 20 as pistas deportivas de Barcia de Mera, en Covelo, acollerá unha nova sesión do cine na rúa enmarcada na programación Verán Cultural. Ás 22 horas comezará a proxección da película Spirit o corcel indomable. Unha película dirixida por Kelly Asbury e Lorna Cook e coas voces de actores como Matt Damon, James Cromwell, Chopper Bernet, Charles Napier, Zahn McClarnon ou Adam Paul.


Spirit é un cabalo salvaxe que naceu nas pradeiras virxes do Oeste Americano, coincidindo xusto cos primeiros anos da Conquista. Durante a súa infancia non coñeceu máis que xogos e aventuras, descubrindo con asombro a inmensidade, os infinitos recursos e a beleza maxestosa da súa terra natal. Agora que é adulto, converteuse no líder da súa manda. Todo cambia unha noite, no momento no que Spirit se atopa con Home. O cabalo é entón capturado por un coronel que o tentará domar.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade