Ese momento deportivo fixo posible recuperar aquel partido que, durante moitos anos, xogaban as mulleres cadrando coa festa da Nosa Señora das Dores en setembro. Ao remate do encontro houbo momento para compartir unha boa e merecida merenda na cantina do campo de fútbol.
As xogadoras agradecen o importante apoio da veciñanza que dende os chanzos animou e seguíu o partido.
Antes, xogaron os homes que obtiveron un resultado de 5 – 4 no que gañaron os máis novos nun reñido partido que promoveu tamén o encontro distendido e festivo da cidadanía de Covelo.