Present News



O Concello de Covelo reparte preto de 20.000 euros en axudas directas a asociacións e colectivos
- 21/02/2022 -

O Concello de Covelo vén de aprobar o reparto dun total de 19.700€ de axudas nominativas a asociacións, colectivos e clubs deportivos do Concello de Covelo.
O Concello de Covelo vén de aprobar o reparto dun total de 19.700€ de axudas nominativas a asociacións, colectivos e clubs deportivos do Concello de Covelo.

Por quinto ano consecutivo o Concello de Covelo amosa o seu compromiso firme cos colectivos veciñais fomentando o asociacionismo e apoiando as iniciativas da veciñanza.

“As asociacións e colectivos son un importante elemento dinamizador tanto a nivel social como cultural brindando a oportunidade de atopar na propia parroquia actividades e propostas para realizar ao longo do ano”, explica o alcalde Pablo Castillo.

O importe máis destacado é para a ANPA do CEIP Antonio Rodríguez Blanco que recibirá 5.700€ cos que se apoiarán actividades como a aula matinal que contribúe a unha mellor conciliación familiar e laboral.

As asociacións culturais recibirán un total de 8,000€ e os clubs deportivos 6.000.

O goberno destaca o importante traballo que fan as asociacións e clubs non só ofrecendo actividades se non tamén contribuíndo a atraer persoas á nosa vila e dando a coñecer o noso pobo aportando o seu gran de area na dinamización económica e social da zona.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade