Actualidade e Noticias



Agasallos e premios na Festa da Bicicleta de Covelo
- 15/08/2023 -

Ao remate procedeuse ao sorteo de múltiples artículos deportivos, entre eles unha bicicleta
O Concello de Covelo celebrou, como cada verán, a súa Festa da Bicicleta na que participaron veciñas e veciños de tódalas idades. Para as máis cativas e cativos realizouse un pequeno percorrido polo centro urbano e para o resto das persoas participantes un itinerario de arredor de seis quilómetros pola contorna do centro urbano.

Ao remate deste encontro deportivo procedeuse ao sorteo de numerosos agasallos que obtivo toda a atención da veciñanza e visitantes que se atopaban na praza Mestre Cerviño. Gafas deportivas, mochilas e numerosos complementos para a práctica do ciclismo foron repartidos entre todos os e as afeccionadas ao ciclismo aínda que foi o sorteo da bicicleta o que máis expectativa espertou.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade