Actualidade e Noticias



San Pedro de Campo celebra as súas festas patronais
- 11/08/2023 -

A misa solemne seguida da procesión será ás 12:30 horas e pola noite haberá verbena
A parroquia de San Pedro de Campo, en Covelo, celebra as súas festas na honra de San Pedro, Santa Isabel e do Neno Xesús. Será mañá 12 de agosto cando se celebre a misa solemne ás 12:30 horas seguida da procesión que estará acompañada polo grupo de gaitas Os 6 do Condado. Pola noite haberá verbena co Trío Salero e Pentágono.


A asociación veciñal e o Concello convidan a toda a cidadanía a participar nas festas das parroquias que son un bo momento para reencontrarse e para revivir a tradición festiva de Galicia. A organización das festas disporá dunha carpa e unha barra de bar para poder ofrecer a todas as persoas un bo servizo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade