Actualidade e Noticias



Sube á bicicleta en Covelo
- 10/08/2023 -

O sábado día 12 o Concello de Covelo celebra a Festa da Bicicleta con saída na praza Mestre Cerviño ás 19:30 horas
O Concello de Covelo celebra a Festa da Bicicleta este sábado día 12 ás 19:30 horas. Con saída na praza Mestre Cerviño do centro urbano poderán participar todas as persoas que así o desexen sen mediar inscrición previa.

 

Organizada co apoio da Deputación de Pontevedra, ao remate do percorrido sortearanse múltiples agasallos, entre eles unha bicicleta e distintos artigos deportivos. Ademais, haberá dúas bicicletas adaptadas para acompañar a persoas con necesidades específicas.

 

O Concello adianta que será obrigatorio o uso de casco e convida a todas as persoas a participar nun percorrido que procura non só o encontro entre a veciñanza, tamén a promoción de hábitos de vida saudable e o coñecemento dalgúns recunchos da contorna do centro urbano.

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade