Actualidade e Noticias



Covelo entregou os seus premios do concurso gastronómico Festas Patronais
- 08/08/2023 -

A duodécima edición convocou un concurso de croquetas, o de postres e o concurso de tortillas
O Concello de Covelo entregou os premios do XII concurso gastronómico Festas Patronais de Covelo celebrado na praza Mestre Cerviño.


As persoas membros do xurado formado pola reposteira Oly Luiggi, veciña que traballa no restaurante El Juliana en Vigo; por Virtudes Diéguez, famosa pola súa longa traxectoria ao fronte do bar Gómez de Covelo e por Iván Méndez, cociñeiro da Cidade Deportiva do Celta, outorgaron os premios do concurso de croquetas, do concurso de tortillas e do concurso de postres.


No concurso de croquetas, na categoría de sabor fíxose co premio Macarena Varela e na categoría orixinalidade, María Anuncia Martínez.


No concurso de postres Lucía Fernández gañou na categoría sabor e na de presentación, Andrea Vidal. Susana Prieto resultou a gañadora no concurso de tortilla.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade