Actualidade e Noticias



Covelo convida a participar no seu desfile de entroido en Maceira
- 18/02/2022 -

O concello entregará tres galardóns de entroido e un lote de produtos locais ás tres mellores comparsas
O prazo para inscribirse aínda está aberto e as persoas interesadas deberán contactar coa asociación de veciños de Maceira
 A concellería de Cultura do Concello de Covelo convida a participar no seu desfile de entroido organizado en colaboración coa asociación de veciños/as de Maceira.

A concelleira de Cultura, Lourdes Enes, informa que todas as persoas interesadas en participar con unha comparsa deberán contactar coa asociación veciñal para inscribirse e poderán facelo no número de teléfono 678.681.952.

O desfile de entroido terá lugar na contorna da renovada praza do centro da parroquia o sábado día 26 de febreiro a partir das 17:00 horas.

O concello de Covelo e a asociación de veciños de Maceira entregarán tres premios ás tres mellores comparsas. Tres galardóns de entroido acompañados dun lote de produtos locais.

O desfile de entroido, no que despregarán a súa creatividade as comparsas, estará amenizado por música de charanga.

Cita especial coa “Mostra de produtos de Covelo”
Aínda que habitualmente a Mostra de Produtos de Covelo se celebra o primeiro sábado de cada mes, os produtores da comarca non quixeron perderse o entroido de Maceira e montarán os seus postos dende as 15:30 horas ata o remate da festa.

Deste xeito ademais de gozar do entroido tamén poderemos adquirir produtos de primeira calidade. Xoiería, agricultura ecolóxica, moda, artesanía, cosmética, roupa e diferentes produtos comarcais de primeira calidade estarán a disposición dos e das participantes na festa de entroido de Covelo.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade