Actualidade e Noticias



Xoán Curiel estará en Covelo para montar a túa banda de verán
- 02/08/2023 -

Será na praza Mestre Cerviño ás 20:30 horas do venres día 4
 Dentro da programación “Verán Cultural” do Concello de Covelo a praza Mestre Cerviño acollerá este venres día 2 o obradoiro creativo Como montar a túa banda de verán.

Esta actividade, organizada pola biblioteca pública municipal, está dirixida para cativas e cativos de entre 5 e 10 anos de idade no marco do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

A partir das 20:30 horas as nenas e nenos participantes aprenderán co espectáculo de Xoán Curiel que está configurado a partir da primeira novela-CD da literatura galega Estamos no verán!!! . A historia dus amigos que se xuntan no verán e planifican montar unha banda dará pé a unha actividade participativa que mesturará narración oral, teatro e música de moitos estilos.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade