Present News



Cociña e música en directo este sábado na Mostra de Produtos de Covelo
- 01/08/2023 -

Como cada primeiro sábado de mes de 10 a 14 horas a praza Mestre Cerviño ateigarase de produtos de proximidade, artesanía e segunda man
Cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar, xoias con cortiza e aceiro, tattoos de henna, prata, prantas e moito máis por descubrir para as persoas que se acheguen este sábado á Mostra de Produtos de Covelo. Como cada primeiro sábado de mes de 10 a 14 horas a praza Mestre Cerviño ateigarase de produtos de proximidade, artesanía e segunda man.


O posto de polbo non faltará e tampouco as actuacións e os obradoiros. A partir das 11:30 horas haberá cociña en directo na que aprenderemos a realizar dúas receitas. A continuación, todas as persoas presentes poderán degustar estas saborosas viandas para logo gozar da sesión vermú que virá acompañada de música tamén en directo a partir das 12:30 horas.


A Mostra de Produtos de Covelo supón un punto de encontro entre produtores e veciñanza que ademais de facer as súas compras atopan un espazo de socialización de ambiente distendido e festivo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade