Present News



Coñece o roteiro guiado do río Xabriña, en Covelo
- 28/07/2023 -

Será este domingo ás nove da mañá cunha duración aproximada de catro horas
No marco da programación estable de rutas de sendeirismo guiadas do Concello de Covelo, este domingo 30 de xullo terá lugar o roteiro Xabriña PRG-119. Esta actividade, que se enmarca no proxecto RíosAldeasMontañas, promove o coñecemento do patrimonio natural entre visitantes, veciñanza e alumnado do CEIP Antonio Blanco.


De 10 km de pecorrido e dificultade media, o roteiro do río Xabriña ten un trazado circular cunha duración aproximada de catro horas. Esta actividade, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, é de balde e require inscrición previa no número de teléfono 654 500 652. A hora e punto de saída son ás 9 horas no parque infantil de Paraños, Covelo.


O guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa, explica que este percorrido ten como principal protagonista o río Xabriña e os seus afluentes. A súa estrutura circular transcorre polas parroquias de Paraños, Prado de Canda e A Lamosa, situadas no alto val que forma este río afluente do Tea. A ruta combina á perfección os valores naturais co rico patrimonio etnográfico das tres parroquias: as fermosas ribeiras do río a súa vexetación, fragas, prados, cruces e cruceiros, muíños.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade