Present News



O Campo da Feira de Covelo volveu vivir unha exitosa Festa do Churrasco
- 26/07/2023 -

Covelo vendeu preto de tres mil racións de churrasco
O Concello de Covelo quere agradecer a todas as persoas asistentes, locais de hostalaría colaboradores, veciñanza, traballadores e voluntarios que, un ano máis, fixeron que a festa do Churrasco resultase un éxito. O Campo da Feira acolleu unha xornada festiva cos concertos de Milladoiro e Pelepau, música de charanga, postos de artesanía e boa gastronomía. Ao igual que nas anteriores edicións, servíronse todas as racións previstas sendo tamén moitas as persoas que elixiron degustar o churrasco e outros produtos locais nos bares e restaurantes de Covelo.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade