Present News



Covelo recibirá a formadoras e formadores de oito países no marco do ERASMUS+
- 21/07/2023 -

Organizado por Covelonatural co apoio da ANE e cofinanciado polo programa ERASMUS+ da Comisión Europea
O Concello de Covelo prepárase para recibir á vintena de participantes do curso de formación de formadores Green UP, stand up for our planet's rights!  no que se analizará o impacto do noso estilo de vida no medio ambiente. Esta iniciativa está organizada pola asociación Covelonatural, co apoio da ANE (Agencia Nacional Española), e cofinanciado polo programa ERASMUS+ da Comisión Europea.

 

Formadoras e formadores de oito países distintos coñecerán o noso patrimonio cultural e natural e aprenderán novos recursos cos que acadar unha vida máis sostible. O albergue Alentea da parroquia de Barcia de Mera será o epicentro deste multicultural grupo que ao longo desta semana procurará aprender para logo ensinar e transmitir valores e hábitos máis sustentables.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade