A programación do Verán Cultural continúa o día 21 a partir das 23:30 horas coa discoteca móbil ique se instalará na praza Mestre Cerviño para celebrar a Festa da Xuventude. Tralo éxito do ano pasado, o Concello repite aposta e convida a toda a mocidade da comarca e da área metropolitana a compartir estes días festivos.
Ademais, o 23 de xullo organízanse varias quendas para poder participar na visita guiada ao Serradoiro dos Carranos, en Maceira, da man do guía de montaña Julio Eiroa. O 24 de xullo chegan as verbenas coa orquestra Ritmo Joven a partir das 23:30 horas. O 25 de xullo, día de Santiago, celébranse as festas patronais coa XLII edición da afamada festa do churrasco coas actuacións de Pelepau e Milladoiro.
O Concello de Covelo irá colgando máis detalles de cada unha das actividades na súa páxina web concellocovelo.es