Esta actividade, organizada pola biblioteca pública municipal, está dirixida para cativas e cativos de entre 4 e 12 anos de idade no marco do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
A partir das 20 horas as nenas e nenos participantes aprenderán realizando murais e pinturas naturais nas que tamén traballarán a sensibilización a prol da igualdade.
Este obradoiro creativo busca promover a igualdade de xénero a través de ferramentas artísticas abrindo novas canles de transformación cultural e social cara a construción de sociedades máis xustas e respectuosas.