Actualidade e Noticias



O obradoiro creativo A Naturoteca visita Covelo este sábado
- 14/07/2023 -

Será na praza Mestre Cerviño ás 20 horas do sábado día 15
Dentro da programación “Verán Cultural” do Concello de Covelo a praza Mestre Cerviño acollerá este sábado día 15 o obradoiro creativo A Naturoteca


Esta actividade, organizada pola biblioteca pública municipal, está dirixida para cativas e cativos de entre 4 e 12 anos de idade no marco do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.


A partir das 20 horas as nenas e nenos participantes aprenderán realizando murais e pinturas naturais nas que tamén traballarán a sensibilización a prol da igualdade.


Este obradoiro creativo busca promover a igualdade de xénero a través de ferramentas artísticas abrindo novas canles de transformación cultural e social cara a construción de sociedades máis xustas e respectuosas.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade