Present News



Sábado de rally en Covelo co Sur do Condado
- 05/07/2023 -

Preto de dez quilómetros de adrenalina, moita técnica e máis práctica con dúas pasadas programadas para as 09:35 e as 13:32
Concello de Covelo, Protección Civil e organizadores do rally Sur do Condado mantiveron un encontro para que a xornada automobilística da fin de semana do 7, 8 e 9 se desenvolva con total normalidade e sen incidencias.


O rally Sur do Condado chegará a Covelo o sábado día 8 despois de percorrer distintos concellos do Condado. O treito que discorre dende a ponte de Covelo ata a vila de Mondariz “é o mais diferenciado do rally pois é 100% estrada ampla, lisa, con asfalto de calidade e liñas pintadas para ambos carrís”, salientan dende a organización


Segundo as persoas organizadoras estre tramo é “maioritariamente limpo pola presenza de gardarraís que impiden cortar as curvas, é o treito ideal para pilotos con gran precisión e técnica, pois a maioria das freadas son en apoio”. Para este tramo o Sur do Condado recorda aos e ás siareiras que, tendo en conta as velocidades moi altas que se acadan neste tramo, é imprescindible regardarse nun lugar seguro e prestar moita atención.


Preto de dez quilómetros de pura adrenalina, moita técnica e máis práctica con dúas pasadas programadas para as 09:35 e as 13:32. O punto de saída será a ponte anterior á entrada ao centro urbano de Covelo e o de chegada a praia do Ceo, en Mondariz. O tramo córtase ás 08:35 e non abre ata as 16:30. Na praza Mestre Cerviño de Covelo realizarase o control horario no que terán que parar todos os coches participantes dende as 09:25 na primeira pasada e na segunda pasada dende as 13:20.


A agrupación local de Protección Civil insiste na importancia de non circular a pé nos tramos pechados, sobre todo con nenos, respectar a sinalización e os comisarios e ao voluntariado. Ademais, recomenda colocarse en sitios altos e seguros.


O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, pide moita prudencia a toda a afección para que toda a xornada se desenvolva de xeito satisfactorio e todos; participantes, organización, veciñanza e público, vivan un momento de lecer no que gozar da compaña e da fermosa paisaxe local.


Ademais, pide o máximo respecto ás agrupacións de Protección Civil e persoas colaboradoras que de xeito voluntario fan posible que toda a cidadanía poida gozar de espectáculos, probas, concertos e todo tipo de actividades nas que se congrega moito público.


Toda a información na páxina web do Sur do Condado



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade