Present News



Comezan en Covelo os cursos de ximnasia na auga e ximnasia de mantemento
- 03/07/2023 -

Os luns, mércores e venres de 9 a 14 horas tanto a piscina como o pavillón municipal acollerán estes dous cursos
A cidadanía de Covelo gozará dun verán en forma grazas aos cursos deportivos gratuítos ofrecidos polo Concello. Máis de trinta persoas comezaron hoxe as clases de ximnasia de mantemento e ximnasia na auga que se desenvolven nas instalacións públicas do pavillón e da piscina municipal.


Os luns, mércores e venres de 9 a 14 horas tanto a piscina como o pavillón municipal acollerán estes dous cursos que promoven hábitos de vida saudable e melloran o estado físico e psíquico das persoas participantes.


Con estas actividades preténdese sacar o máximo partido ás instalacións municipais e que toda a cidadanía poida ter acceso a actividades que non só melloran o seu estado físico, tamén a súa saúde e as súas relacións sociais posibilitando momentos de encontro e espazos axeitados asesorados por profesionais.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade