Present News



Este sábado día 1 goza da gastronomía e dos produtos locais na Mostra de Produtos de Covelo
- 27/06/2023 -

Obradoiros de cociña en directo e música en vivo co dúo €Carla Lourdes e Raúl Ben€
Como cada primeiro sábado de mes a praza Mestre Cerviño ateigarase de produtos de proximidade, artesanía, segunda man, música, gastronomía e actuacións para abrir as portas da Mostra de Produtos de Covelo a partir das 10 da mañá deste sábado día 1 de xullo.


Cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar xoias con cortiza e aceiro, tattoos de henna, prata, prantas e moito máis por descubrir para as persoas que se acheguen a Covelo antes das 14 horas.


O posto de polbo non faltará e tampouco as actuacións e os obradoiros. A partir das 11:30 horas haberá cociña en directo na que aprenderemos a realizar dúas receitas da man do persoal de cociña do restaurante El Juliana. A continuación, todas as persoas presentes poderán degustar estas saborosas viandas.


A sesión vermú virá acompañada de música tamén en directo co dúo “Carla Lourdes e Raúl Ben” a partir das 12:30 horas.


A Mostra de Produtos de Covelo supón un punto de encontro entre produtores e veciñanza que ademais de facer as súas compras poden degustar a gastronomía local e atopar un espazo de socialización de ambiente distendido e festivo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade