Cada mañá de 10 a 14 horas xogarán e aprenderán distintas modalidades deportivas da man das monitoras e monitores de Insdega, empresa especializada na xestión de instalacións deportiva.
Con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, o alumnado practicará skate, baloncesto, tenis, padel e fútbol sala ademais de xogos, roteiros e actividades nas distintas instalacións deportivas municipais
O alcalde Pablo Castillo explica que o Campus Multideporte ofrécese co único custo do pago dunhas taxas municipais, 10€ para empadroados e 20 para as persoas non empradoadas, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e laboral e promover hábitos saúdables entre a infancia.
Pola súa banda, o xerente de Insdega, sinala que durante o campus ademais de ter a oportunidade de probar distintos deportes tamén fomentan valores de traballo en equipo, coñecementos técnicos básicos e distintas actividades que espertan a curiosidade do alumnado participante.
As nenas e nenos do Campus Multideporte de Covelo recibiron hoxe un agasallo da man do alcalde e da concelleira que, ademais, lle desexaron uns días de lecer e ledicia no entorno natural das instalacións municipais das que poderán gozar ao longo desta semana.