Actualidade e Noticias



Comeza o verán co cine na rúa no Concello de Covelo
- 21/06/2023 -

Este domingo día 25 de xuño ás 22 horas teremos sesión de cine na praza de Maceira
O Concello de Covelo convida a comezar o verán gozando de sesións de cine na rúa. Totalmente de balde e dentro da programación cultural estable que ofrece o Concello, este domingo día 25 de xuño ás 22 horas teremos sesión de cine na praza de Maceira.


Encanto é un filme de animación para toda a familia dirixida por Jared Bush, Byron Howard e Charise Castro Smith. De 99 minutos de duración, conta a historia dunha familia extraordinaria, os Madrigal, que viven escondidos nas montañas de Colombia, nunha casa máxica situada nun enclave marabilloso chamado Encanto. A maxia de Encanto dotou a todos os nenos e nenas da familia un don único, desde a súper forza ata o poder de curar... Pero esqueceuse dun membro da familia: Mirabel. Cando esta descobre que a maxia que rodea Encanto está en perigo, decide que ela, a única Madrigal normal, podería ser a última esperanza da súa extraordinaria familia.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade