Actualidade e Noticias



Clases de ximnasia de mantemento e ximnasia na auga este verán na piscina municipal de Covelo
- 20/06/2023 -

As persoas empadroadas terán preferencia nestes cursos que o Concello de Covelo oferta de xeito totalmente gratuíto
O Concello de Covelo informa que está aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia de mantemento e ximnasia na auga que se desenvolverán no mes de xullo.

 

Os luns, mércores e venres de 9 a 14 horas a piscina municipal acollerá estes dous cursos nos que nos poderemos inscribir nas oficinas do Concello de 9 a 14 horas ou nos formularios que podemos atopar aquí

 

As persoas empadroadas terán preferencia nestes cursos que o Concello de Covelo oferta de xeito totalmente gratuíto para fomentar o deporte, adquirir novas habilidades, mellorar a saúde e promover hábitos de vida saudables.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade