Present News



Constituída a nova Corporación do Concello de Covelo
- 19/06/2023 -

Pablo Castillo revalida a alcaldía con maioría absoluta, 8 concellarías fronte ás 2 do BNG e 1 do PsdeG-PSOE
O Concello de Covelo celebrou o pleno de investidura no que foi proclamado alcalde Pablo Castillo Amigo. Castillo tomou posesión do seu cargo cun emotivo discurso no que tivo palabras de agradecemento para as persoas e concelleiros/as que apoiaron o seu traballo nestes catro anos. Castillo quixo salientar ao exconcelleiro Jose M. Vázquez por acompañalo ao longo de todo este tempo.


Pablo Castillo, que goberna dende o ano 2014, tendeu á man a todos os grupos de goberno para mellorar a vida da veciñanza e prometeu atender as necesidades das catorce parroquias e dos seus veciños e veciñas.


O alcalde tomou posesión do seu cargo despois de acadar unha ampla maioría de oito concelleiros/as fronte aos 2 do BNG e 1 PsdeG-PSOE. O pleno de investidura non contou coa presenza do concelleiro do PSOE, José Fernández Muradás, ao que excusou o alcalde aludindo a cuestións de saúde.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade