Actualidade e Noticias



Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación na piscina municipal
- 15/06/2023 -

O Concello de Covelo oferta cursos de natación no mes de agosto para adultos e crianzas nadas a partir do ano 2018 totalmente gratis
O Concello de Covelo informa que xa está aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación na piscina municipal. Como cada ano no mes de agosto o Concello ofrece as clases de iniciación e perfeccionamento da modalidade deportiva de natación tanto para adultos como para nenas e nenos.


As clases impartiránse de 12:15 a 14:15 horas, organizadas en quendas de media hora no caso das dirixidas a crianzas, e serán totalmente de balde. As persoas interesadas que desexen ter máis información deberán contactar coas oficiñas do concello de luns a venres de 9 a 14 horas ou visitar a web municipal na seguinte ligazón cursos de natación


A inscrición tamén se poderá realizar a través da sede electrónica https://covelo.sedelectronica.es/info.0


O comezo das clases para os adultos será o día 2 de agosto tres días á semana; os luns, mércores e venres ás 12:15 horas.


Para as crianzas nacidas a partir do ano 2018 as clases arrincarán o 1 de agosto ofrecendo dous días semanais para iniciación, martes e xoves e tres días; luns, mércores e venres, para perfeccionamento. https://concellodecovelo.es/?sec=7&id_noticia=1522


As persoas empadroadas terán preferencia nestes cursos que, verán tras verán, oferta o Concello de Covelo co obxectivo de promover o deporte, maximizar o uso das instalacións deportivas municipais e ofrecer a oportunidade de aprender ou mellorar sen ter que saír do seu concello. “Cada verán abrimos a piscina municipal non só para o desfrute da cidadanía, tamén para que a veciñanza poida adquirir novas habilidades ou melloralas da man de profesionais”, explica o alcalde Pablo Castillo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade