Present News



O Concello de Covelo rehabilita a fonte do Barreiro en Santa Marina
- 15/06/2023 -

Realizáronse tarefas de limpeza, reparación e reposición dos elementos necesarios
O Concello de Covelo, dentro do seu plan de recuperación de fontes públicas, procedeu á rehabilitación da fonte de Barreiro na parroquia de Santa Marina.


O persoal municipal realizou tarefas de limpeza, saneamento do manancial, acondicionamento da pía e recollidas de auga ademais de cambios de tubaxes e colocación dunha billa, entre outros traballos. Tamén se acondicionou o acceso á fonte, o canal de rego e o lavadoiro.


As fontes públicas non só son un servizo útil e básico tamén forman parte da historia dos nosos barrios por iso ao longo deste último ano procedemos á reparación de tres fontes públicas e proseguiremos para que todas estean en condicións óptimas”, explica o alcalde, Pablo Castillo.


O Concello de Covelo encargará tamén a análise de mostras de auga ao longo do ano para ter o maior control posible da calidade da auga.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade