Present News



O Concello realiza tarefas de limpeza e desbroce de camiños e espazos públicos
- 14/06/2023 -

Catorce persoas reforzan o traballo diario do persoal municipal durante seis meses
O Concello de Covelo realiza tarefas de limpeza e desbroce nos núcleos residencias das parroquias grazas ao apoio do persoal contratado con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
 
Un total de catorce persoas reforzan o traballo diario do persoal municipal desempeñando as súas funcións nos departamentos de administración; mantemento de camiños, estradas e espazo público; recollida de lixo e limpeza de instalacións municipais. Para isto o Concello destinou un total de 107.026,73€.
 
Deste xeito, nestes seis meses un auxiliar administrativo, nove peóns forestais, dous condutores de camión do lixo e dous peóns de limpeza contribúen a unha mellora dos servizos prestados polo Concello.
 
Nestas datas nas que a natureza está máis frondosa o Concello centra os esforzos dos peóns forestais na limpeza de camiños públicos, estradas, prazas e zonas de convivencia. 
 
O alcalde, Pablo Castillo, agradece o traballo do persoal municipal, incluído o das novas incorporacións, sen o que non sería posible o desenvolvemento diario dun concello e salienta a capacidade duns e doutros para traballar en equipo. Agradece tamén, a colaboración da veciñanza que coida da súa contorna sendo exemplo de civismo e boa convivencia. 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade