Actualidade e Noticias



Aprende máis sobre educación emocional e sexual o vindeiro día 13 no auditorio municipal de Covelo
- 12/06/2023 -

O Concello de Covelo convida ás familias a participar na charla informativa €Educación Emocional e Sexual na Familia€ impartida por Quérote+ da Xunta de Galicia
Os departamentos de Formación e Servizos Sociais do Concello de Covelo convidan ás familias a participar na charla informativa “Educación Emocional e Sexual na Familia” que terá lugar o vindeiro 13 de xuño de 17:30 a 19:00 horas.


No auditorio público municipal as profesionais do programa Quérote + porán enriba da mesa as claves e ferramentas para que as familias adquiran maiores coñecementos e afronten sen tabús as cuestións afectivas e sexuais.


Durante a charla aprenderemos a detectar e previr situacións e estados emocionais prexudiciais; adquiriremos ferramentas para xestionar e atallar na resolución de dúbidas e posibles conflitos para mellorar a relación e a convivencia das familias e a saúde mental das persoas.


O programa Quérote + da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia ten como obxectivos prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal.


Servizos QUEROTE +

Páxina web con información dinámica e interactiva; atención profesional de consultas presenciais, telefónicas, on-line, por videochamada e por mensaxería instantánea (Whatsapp/Telegram) no 647 018 752; realización de obradoiros en centros de ensino, asociacións e institucións xuvenís; actividades divulgativas: stands, mesas informativas, participación en foros; publicacións propias: folletos, monográficos, guías ou realización do test de embarazo e da proba rápida do VIH entre outros moitos servizos http://xuventude.xunta.es/querote-mais



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade