Actualidade e Noticias



Comeza o verán da man do Campus Multideporte do Concello de Covelo
- 09/06/2023 -

Ata o 14 de xuño estará aberta a inscrición para participar no Campus Multideporte Verán-2023 que se celebra do 26 ao 30 de xuño para nenas e nenos de 6 a 12
O Concello de Covelo informa que ata o vindeiro 14 de xuño estará aberta a inscrición para participar no Campus Multideporte Verán-2023. Do 26 ao 30 de xuño todas as nenas e os nenos de 6 a 12 anos poden optar a unha das trinta prazas que oferta o Concello.


Neste campamento practicarán distintas disciplinas deportivas cada mañá en horario de 10 a 14 horas. O sexto Campus Multideporte organízase na aula multiúsos municipal e nas instalacións deportivas do concello.


Baloncesto, fútbol sala, pádel, piscina, rutas, skate, tenis e un sinfín de xogos cos que comezar o verán. O Concello establece unha taxa de 10 euros para nenas e nenos empadroados e 20€ para non empadroados/as.


O Concello publicará a listaxe de admitidos o vindeiro 16 de xuño e todas as persoas interesadas poden solicitar máis información nos servizos sociais municipais de 9 a 14 horas.Tamén se poden consultar as bases na páxina web do concello ou directamente premendo aquí campus multideporte



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade