Actualidade e Noticias



Falla, Rachmaninov, Schuman, Ligeti, Montsalvatge e Debussy no concerto musical e recitado este sábado en Barcia de Mera
- 02/06/2023 -

€La música en otros cuerpos€ chega da man do Ciclo de Música de Barcia de Mera ás 20 horas este sábado día 3 de xuño
Logo do extraordinario concerto do violoncellista Guillermo Pastrana chegan a Barcia de Mera as obras de Falla, Rachmaninov, Schuman, Ligeti, Montsalvatge e Debussy grazas ao concerto musical e recitado “La música en otros cuerpos”.


Será este sábado ás 20 horas da man do Ciclo de Música de Barcia de Mera que celebra o seu decimoquinto aniversario. Con este motivo o Ciclo de Música ofrecerá novidosos concertos e estreas a nivel nacional. O pasado 29 de abril os madrileños Trío Domaní interpretaron un programa clásico con pezas de Mozart e Brahms para o concerto inaugural, este sábado serán Elisa Martín ao piano, Millán Abeledo ao violonchelo e Luis Baeza recitando os que fagan posible achegarse á música clásica en directo sen saír da súa contorna.


Estrea

A famosa actríz Vicky Peña elixíu o Ciclo de Música de Barcia de Mera para estrear “Desarraigo”. O 15 de xullo a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera convertirase no escenario dunha obra de denuncia social na que tomaremos consciencia da situación dos refuxados e dos exiliados. A actríz catalá, preocupada “polo mundo que deixamos” elixe a nosa vila para estrear unha obra cargada de denuncia e de sensibilidade xunto a Orestes Gás.


Agosto acollerá dous concertos, o de Locus Músicus que traerá sons medievais galaico portugueses e o da Orquestra Sinfónica de Galicia o día 26. A programación desta decimoquinta edición péchase o 16 de setembro con Vox Stellae, que leva acompañando ao Ciclo de Música de Barcia de Mera dende os seus comezos e que este ano cumpren vinte anos dende a súa fundación “e queremos celebralo con eles”, explica Nieves García Sotos que xunto ao Pai Rafael decidiron facer do conxunto abacial de Barcia de Mera o epicentro das persoas amantes da música clásica posibilitando escoitar a voces e músicos de primeiro nivel nesta fermosa contorna.

O programa atraerá, un ano máis, a centos de apaixoados/as da música clásica ao Concello de Covelo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade