De 10 a 14 horas poderemos mercar nos postos de cosmética natural, cestaría, decoración, horta eco, panadería, prantas, queixaría, tambores chamánicos, tatoos de henna, téxtil, xoiería, xoguetes de madeira ou roupa de segunda man, entre outros.
Ás 11:30 horas el restaurante El Juliana cociñará dúas receitas en directo para que aprendamos da man da profesionais e posteriormente degustemos as saborosas propostas.
Ás 11:45 os máis pequenos e pequenas participarán no obradoiro de manualidade para aprender a facer flores de cartolina e pintar tarros de cristal.
Ás 12:30 horas chega á Praza Mestre Cerviño a música en directo para amenizar a sesión vermú co grupo LeFostié.
Como de costume, as persoas asistentes gozarán da boa gastronomía da hostalaría local e do posto de polbo.