O equipo de soporte de atención domiciliaria fomará en Covelo sobre coidados do paciente inmobilizado
- 26/05/2023 -
O martes día 30 ofrecerán unha charla no auditorio municipal as 16:30 horas
O equipo de soporte de atención domiciliaria (ESAD) do Servizo Galego de Saúde ofrecerá en Covelo formación sobre os coidados dos/das pacientes inmobilizados/as este martes día 30.
A charla será no auditorio municipal ás 16:30 horas e todas aquelas persoas que desexen asistir poderán facelo de balde e sen inscrición previa.
A sesión estará impartida pola enfermeira María Morandeira Novo co obxectivo de ofrecer coñecementos e boas prácticas que faciliten e melloren o día a día das persoas enfermas e tamén daquelas e daqueles que as coidan.