ACTIVATE- CURSOS XUVENTUDE 2013 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
OBXETIVOS
O programa consiste en ofrecer un curso formativo, ós mozos e mozas da nosa provincia, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (ambas incluídas).
Tamén poderán cursar a súa solicitude dentro do prazo establecido aquelas persoas que non cumpran o requisito de idade, pasando a formar parte da relación de agarda que será utilizada no caso de que houbese prazas vacantes.
O curso formativo, cunha duración de 40 horas, realizárase a través dunha empresa especializada na materia nas instalacións cedidas polo concello.
O curso seleccionado para este ano, é o seguinte:
CONSERVACIÓN DE ALIMENTOS
CONSERVAS ARTESANAIS
DOCUMENTACIÓN DOS MOZOS/AS
a) Fotocopia do DNI.
b) Tarxeta de demandante de emprego (no caso de tela).
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DOS INTERESADOS/AS REMATARÁ O 27 DE SETEMBRO DE 2013.
Máis información, na oficina dos Servizos Sociais do Concello de Covelo de 9:00 a 14:00 horas (excepto os mércores).
Covelo, 5 de setembro de 2013.