Actualidade e Noticias



Covelo celebra o Día das Letras Galegas con contacontos
- 15/05/2023 -

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar na actividade organizada polo Día das Letras Galegas. Da man de Barafunda Animación na praza Mestre Cerviño trasladarémonos ao mundo da Galicia meiga para coñecer lendas e a mitoloxía agochada nos recunchos máis insospeitables.


A partir das cinco da tarde do mércores día 17 a praza Mestre Cerviño recibirá a Leda e ao seu avó Cristovo para viaxar no tempo e relatar dun xeito máxico historias de meigallos, feitizos e monstros.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade