Cun investimento de 114.421, 02€ o Concello realizará estas obras no barrio de Os Seixedos e Redondo na parroquia de Barcia de Mera; na rúa Barreiro en A Bugariña na parroquia de Godóns; en Coto Pequeno na parroquia de Piñeiro de Areas e no barrio de Toumilo en Baldomar, parroquia de Santa Marina.
Co obxectivo de mellorar o día a día da cidadanía realizarase unha intervención completa que mellorará as actuais condicións de tránsito ao presentar, na actualidade, moitos baches, tramos de inexistencia de cunetas e pasos estreitos, entre outros factores que dificultan o acceso. Para a execución dos traballos procederase á escavación, desmontaxe de peches e muros para o ensanche dalgúns tramos; limpeza e apertura de cunetas para a mellora da drenaxe; limpeza de caños e arquetas obstruídas; instalación de tubaxes e arquetas novas así como salvacunetas para canalizar as augas; colocación de muros e pavimentación ademais de mellorar a seguridade viaria co pintado de marcas viais e colocación de sinalización onde proceda.