Present News



Covelo investirá 114.421€ na mellora de camiños municipais en Barcia de Mera, Godóns, Piñeiro de Areas e Santa Marina
- 13/05/2023 -

No marco do Plan Concellos 22-23 actuarase nos barrios de Os Seixedos, Redondo, Barreiro, no Coto Pequeno e Toumilo
O Concello de Covelo executará obras de limpeza, ensanche e asfaltado, entre outros traballos a realizar, en Barcia de Mera, Godóns, Piñeiro de Areas e Santa Marina con cargo ao Plan Concellos 22-23 da Deputación de Pontevedra.


Cun investimento de 114.421, 02€ o Concello realizará estas obras no barrio de Os Seixedos e Redondo na parroquia de Barcia de Mera; na rúa Barreiro en A Bugariña na parroquia de Godóns; en Coto Pequeno na parroquia de Piñeiro de Areas e no barrio de Toumilo en Baldomar, parroquia de Santa Marina.


Co obxectivo de mellorar o día a día da cidadanía realizarase unha intervención completa que mellorará as actuais condicións de tránsito ao presentar, na actualidade, moitos baches, tramos de inexistencia de cunetas e pasos estreitos, entre outros factores que dificultan o acceso. Para a execución dos traballos procederase á escavación, desmontaxe de peches e muros para o ensanche dalgúns tramos; limpeza e apertura de cunetas para a mellora da drenaxe; limpeza de caños e arquetas obstruídas; instalación de tubaxes e arquetas novas así como salvacunetas para canalizar as augas; colocación de muros e pavimentación ademais de mellorar a seguridade viaria co pintado de marcas viais e colocación de sinalización onde proceda.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade