Cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar xoias con cortiza e aceiro, tattoos de henna, prata, prantas e moito máis por descubrir para as persoas que se acheguen a Covelo antes das 14 horas.
O posto de polbo non faltará e tampouco as actuacións. Este sábado a partir das 12:30 horas o paiaso Popín porá a nota de humor.
A Mostra de Produtos de Covelo supón un punto de encontro entre produtores e veciñanza que ademais de facer as súas compras poden degustar a gastronomía local e atopar un espazo de socialización de ambiente distendido e festivo.